O CONVENTO DE SAN FRANCISCO DE LOURO Situado a dous quilómetros da vila nun fermoso val, é fundado como eremitorio en 1223 segundo o Padre Castro. Construído sobre unha capela románica dedicada a Santa Mónica do Rial, no ano 1432 pasou a ser convento. En 1835 a revolución alcanzou a exclaustración dos relixiosos, quedando abandonado, causando gran ruína no edificio. No ano 1873 volveu a ser morada dos Franciscanos, sendo restaurado polo padre Coll. O convento, que revisteu grande importancia en épocas pasadas, posuía moitas sendas, terras e pensións vendidas cando a desamortización ó contratista Manuel Venancio por Seis mil Pesetas para convertilo en gravilla. Desde a entrada do convento, case unido ó cementerio, comenza unha Via Crucis, construida no ano 1877, para conmemorar a recuperacion do convento polos franciscanos. Composta por quince torretas en cada unha das cales represéntase un cadro da Paixón, que se eleva ata a cima do monte Calvario. Cada estación ten un fuste robusto de granito, unha capilliña, cúpula piramidal cuadrangular e coroado todo con unha cruz según se pode ver na foto. A este viacrucis viña xente de todolos sitios, recorrendoó de rodillas.
O Mosteiro encóntrase totalmente reconstruído. A fábrica é sinxela destacando o claustro, dun estilo sobrio, típico nas construccións galegas, con arcadas de medio punto sobre columnas cadradas. A igrexa conserva a fábrica de estilo oxival, con arco triunfal columnas e capiteis. A planta ten a capela maior na cabeceira, de menor ancho e destacada ó exterior pola menor altura; volumétricamente, destaca unha torre-campanario, engadida na fachada, de estilo ecléctico e anódino. Hoxe en día funciona como un magnifico Hostal, que pode ser visitado polos viaxeiros que busquen un sitio tranquilo durante todo o ano, estando asi mesmo aberto nos meses estivais o Camping de 1ª categoria situado na antiga horta. Bibliografia:Arquitecturas da provincia da Coruña . |