A IGREXA DE SANTIAGO DE LOURO

Ver Album

 

    Formada por unha planta moi sinxela con muro de cantería de granito nos que se apoian cimbros de madeira que sosteñen unha cuberta a dúas augas de tella, recentemente reconstruída. Na entrada da nave encóntrase un coro ó que se accede a través dunha escaleira apegada ó muro. Na cabeceira está a ábside, de menor altura, cuberta con boveda de cañón e dende á que se accede a sancristía apegada nun dos seus laterais, obra de 1860, cando se produciu unha importante reforma.

igrexapeq.jpg (3858 bytes)

    O exterior é moi sinxelo; a nave principal encóntrase percorrida por unha cornixa sobre canzorros moldurados.

    Na fachada principal podemos atopa-la porta decorada con arco de medio punto con diversas molduras apoiados sobre cornixas e columniñas nas xambas; a  porta propiamente dita ten o lintel en forma de arco rebaixado. Un oco sinxelo encóntrase por riba. Está rematado superiormente por unha espadana de doble arcada con frontón triangular e pináculos. Apegado á igrexa encóntrase o cemiterio formado por nichos e  enterramentos no adro. As tumbas do cimenterio están decoradas con conchas de zamburiñas, quizais pra que os mortos sigan cheirando o mar.

cruceiro da florpeq.jpg (2146 bytes)                             cuceirodarosapeq.jpg (1924 bytes)                                   cruz da igrexapeq.jpg (2415 bytes)                              

    Dos exteriores da igrexa, son dignos de observar os dous cruceiros ali exisatentes, o do adro xusto a entrada e o que está situado no frente do que hoxe en día é o aparcadeiro , este último chamado o CRUCEIRO DA ROSA, que data de 1717, con altar e escaleiras, perdeu a cruz, non se sabe cando, e un sabio canteiro, cheo de imaxinación e osadía, repúxoa pero convertida en flor. É o único cruceiro asi coñecido según dixo o profesor Carlos García Bayón.

 

Bibliografia: Arquitecturas da Provincia da Coruña, e articulos da Voz de Galicia por  Carlos García Bayón