¡EN GALEGO O QUE TI QUEIRAS!
¡TEMOS QUE DEFENDE-LA NOSA
LINGUA!
Non nos cansaremos de gritar
ós catro ventos (ou a onde faga falta) que "A Eiroa" é unha revista cultural;
e como tal, e tendo en conta que unha parte fundamental e inseparable da nosa cultura é a
nosa lingua; consideramos oportuno o respeto, utilización, promoción e defensa da
nosa lingua, e dicir, o galego.
Con este afán que nos move e impulsa cara adiante cada día na realización deste
traballo, esperamos seguir ata que aguantemos (ou nos dean unha patada no cú), sen
discriminar a ninguén e respetando tódalas opinións, pero deixando ben claro, ¡¡ e
que vaia por diante!! que non queremos entrar "ó trapo" en futuras disputas
lingüísticas.
Consideramos
que calquer normativa (galega) é válida, e respetaremos rigurosamente as normativas
empregadas por cada autor/a. Asemade, os textos que se nos entreguen en castelán (e
sería do noso agrado que iso non ocurrise a non ser absolutamente inevitable) serán
traducidos ó galego, e así se fará constar cando se publique.
EN FIN, ISTO É O QUE HAI: A SCMLouro e a súa revista A Eiroa teñen como único e último fín a nosa cultura e todo o que iso implica (que non é pouco), e loitaremos por (como dixen antes) respetala, promovela e defendela; e se non podemos facer isto (polas causas que sexa) "muchachos" ... isto acabouse.
Podedes chamarnos
cabezóns (ou algo peor), pero non podemos máis que dicir que isto é o que hai; e esta
Sociedade xa tivo os seus problemiñas en canto a cuestións lingüísticas se refire, e
¡non queremos que se volva a repetir!, por consideralo unha discusión que non ten cabida
no seo dunha Sociedade Cultural con esta ideoloxía...
EN FIN....
GRACIAS POR
AGUANTAR TODO ESTE "ROLLO" E AGORA
¡¡¡ ADIANTE !!!