FOTOS
DA EIROA: Sabemos que algunhas das fotos non son
de moi boa calidade, pero son as que temos neste momento. De todas maneiras faremos unha
actualización constante das fotos, poñendo aquelas máis recentes. Tentamos consegui-las
mellores imaxes que podemos, pero ¡non podemos saber de todo! e a fotografía non é o
noso. O noso último fin é: QUE VEXAS IMAXES DE LOURO TAL E COMO É NA ACTUALIDADE.
SECCIÓNS ACTUALIZADAS: Ó longo de tódalas Eiroas electrónicas haberá uns apartados
que serán constantes e que se actualizarán a cotío (esperamos que poida ser cada
semana,e senón cada 15 días). Estes apartados son:
-NOVAS, ÚLTIMA HORA. "¡Entérate do que pasa en Louro e na SCMonte
Louro!"
-FORO DE OPINIÓNS E PREGUNTAS. Todo o que chegue ó noso imail (e-mail) irémolo poñendo
neste apartado.
Polo de agora é isto o que temos, pero xa sabedes que estamos abertos a
todas aquelas suxerencias que nos aportedes. Para que isto funcione é fundamental a vosa
colaboración.
VIRUS INFORMÁTICOS: Os artigos publicados na Eiroa podes baixalos en formato
Word. Cando fagas isto o navegador darache un aviso... Só queremos informarche que
traballamos en todo momento coa última versión dun antivirus conectada e pasámoslle o
antivirus a tódolos artigos. Cremos que te podes fiar... pero ¡xa sabes como son
eses puñeteros!
¡VEÑA HOM... NON HAI PROBLEMA...! :-)
PUBLICACIÓN DOS ARTIGOS: Cada artigo publicado ten un autor/a, e cremos que se debe respetar o que se chama "a propiedade intelectual". Se fas público un artigo dí de onde o sacaches e menciona o seu autor/a. TEMOS QUE RESPETA-LO TRABALLO E O ESFORZO DE CADA PERSOA.
CUESTIÓNS TÉCNICAS: Unha vez máis lembramos que esta páxina verase
correctamente tan só si tes unha configuración de 800 X 600
.
En canto ós navegadores esperamos que se
poidan ve-las páxinas correctamente tanto en EXPLORER como en NETSCAPE
NAVIGATOR nas súas últimas versións pero ¡pode pasar de todo!, Así que...
paciencia, xa o solucionaremos:
Con Netscape ó mellor algúns textos aparecen desformateados ou coas fotos "descolocadas", ¡ou algo así! ¡Por favor, se atopas algún destes erros avísanos!
Co Explorer pode que non teñas tantos problemas.
¡E UNHA VEZ DITA TODA ESTA PARRAFADA.... ¡¡XA SABES!!
A NAVEGAR