LOURO E LITERATURA
M. Pilar Ximénez Aleixandre: Naceu en Madrid pero vive en Galicia dende 1973. Na súa traxectoria
literaria escribiu libros para nenos, adultos e poesía e recibiu numerosos premios,
entre os que destacamos:
-- Premio Merlín de literatura infantil 1994 coa obra "A
espedición do Pacífico"
-- IV
Premio Álvaro Cunqueiro de Narrativa co libro "A Compañía Clandestina de
Contrapublicidade" (1998)
-- Premio
Esquío de poesía 1998, pola obra "Catálogo de velenos"
No seu libro de poemas "Catálogo de Velenos" hai un poema adicado a Monte Louro, que extraemos para esta Eiroa. Tamén publicamos un artigo que Ximénez Aleixandre escribiu expresamente para A Eiroa. (Pincha sobre a súa foto para acceder a eles)
Suso de Toro: Escritor
galego coñecido por todos polos seus numerosos éxitos literarios. Unha das súas
últimas obras ("Calzados Lola"), que acadou un gran éxito e xa foi traducida
ó castelán, está ambientada na nosa zona. Lembramos que Suso de Toro xa colaborou
para a Eiroa no número 10 (setembro, 93) para a cal escribiu un artigo.: "Así foi doutor". Ademais, temos unha nova colaboración feita exclusivamente para esta Eiroa
electrónica (pincha sobre a súa foto para acceder a ela)
-------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Libros sobre Louro: ¿Queres saber onde atopar publicacións que falen sobre
Louro?, pois aquí che damos un listado de todas aquelas que nós atopamos. Algunhas
escritas por xente de aquí. Avisamos que non todas se poden atopar facilmente.
¡¡Xa sabedes: o noso e-mail é pequeno@arrakis.es