A PÁXINA WEB DE LOURO: Unha porta aberta ó mundo
A páxina web
pola que agora estás navegando, nace da inquietude dunha serie de xente deste povo que
queren promover e dar a coñecer este pequeno recuncho de Galicia chamado Louro. Sabemos
que é un proxecto ambicioso, pero polo de agora gañas non nos faltan e esperamos
poder contar día a día coa axuda de máis xente.
Non pretendemos facer unha páxina web espectacular, senón que máis ben nos deixamos
levar polo práctico e o sinxelo, coa intención de non crearche un barullo e longos
tempos de espera cando recibas a páxina.
"Album
de Fotos"
O toque visual é evidente, pois na súa realización traballamos con infinidade de
fotografías (todas e cada unha das imaxes que están nesta páxina están
sacadas do noso povo, incluso eses detalles como a ferradura que vedes á vosa
esquerda), ás cales poderás ir accedendo dende os diferentes apartados da páxina,
mediante o que nós denominamos "album de fotos" (ver como é un album de fotos):
neste albun aparecen as fotos nun tamaño reducido e facendo
"click" sobre elas podes ver esa foto nun tamaño maior. Iremos creando álbums
por categorías: fotos antigas, fotos panorámicas, fotos de detalles arquitectónicos,
potos das praias, potos do pobo, fotos variadas, fotos das festas,...
TENDE
PACIENCIA.
Como poidéstedes comprobar, non temos rematada toda a
páxina. Estamos traballando día a día o mellor que podemos, e pouco a pouco iremos
amosándovos o que temos feito.O que vedes é o que hai rematado, e podedes ter unha idea
de como vai ser o resultado final da páxina. Non desesperedes e pedímosvos paciencia a
todos. ¡Polo de agora ide accedendo ó que temos feito!
¿Como
fixemos esta páxina?
Dende un principio buscouse a axuda de
toda aquela xente que poidese colaborar con nós. Neste senso foi un proxecto aberto, e
agora, unha vez que xa temos algo publicado en Internet, esperamos que a vosa aportación
sexa maior.
Buscamos información de todas partes: de particulares, de publicacións e incluso
doutras páxinas web que tomamos como exemplo. A todas esas persoas que desinteresadamente
nos axudaron temos que darlle as gracias. No apartado que nós chamamos "outros
sitios" (enlaces) poñemos algunhas desas páxinas que nos serviron de exemplo
e nos motivaron a seguir con este proxecto: o
feito de ver páxinas en Internet de xente e lugares próximos a Louro aínda nos animou
máis.
¿Por
que foi posible esta páxina?
O traballo diario para facer esta páxina
é posible gracias á colaboración de todos: tanto da xente de Louro como da que non é
de Louro pero que coas mesmas gañas e ilusión se prestaron a axudarnos.
As diferentes asociacións que ó longo do tempo veñen desenvolvendo as súas
actividades en Louro son unha perfecta escusa para termos de que falar. Temos que darlle
gracias a todos aqueles que colaboraron na súa creacción e substento ó longo dos anos,
por canto hoxe en día son elementos importantes e imprescindibles de Louro.

Monte
Louro e a Lagoa.
Este bloque granítico chamado Monte
Louro, xunto coa Lagoa, son un símbolo do noso povo, e nesta páxina non van a ser menos.
Son para nos un elemento ó cal pensamos que debemos adicarlle unha pequena parte desta
páxina, xa que nos identificamos estreitamente con eles.
Pero non por isto consideramos menos importantes outros elementos que conforman a
personalidade e esencia desta vila, nos cales tamén nos detemos para dalos a coñecer:

Os petroglifos e o convento dos Padres Franciscanso son dous elementos moi representativos que non se deben pasar por alto.