A EIROA: MANIFESTO CULTURAL DO NOSO POVO

Logo.jpg (6211 bytes)A Eiroa é a revista da Sociedade Cultural Monte Louro; e mediante ela, pretendemos ter un voceiro cultural da nosa xente e do noso povo. A pesar dos problemas e obstáculos de diversa índole cos que nos podemos atopar para sacar un novo número da Eiroa, ¡aquí o temos!. Despois de 13 números publicados, agora sacamos unha Eiroa electrónica, coa intención de achegarlle á nosa xente (tanto a que está preto de nós como ós que están emigrados pero seguen a lembrarse da nosa terra e do seu povo) unha nova edición desta revista.

Con esta edición pretendemos retoma-lo traballo que anos atrás se detivo: recollemos artigos inéditos que estaban aí agardando para seren publicados, e poñémonos novamente mans á obra con gañas e ilusións e esperando o apoio de todos para seguir adiante.

¡Coa colaboración de todos!

A Eiroa é unha publicación aberta e plural, e por iso queremos que nos axudedes neste proxecto. Podedes enviarnos artigos, contos, críticas,... ou o que vos queirades. Necesitamos xente ó noso carón para desenvolver un proxecto común. Día a día tentaremos mellorar e ir engadindo novas cousas a esta Eiroa. Para poñerse en contacto con nós escribide á dirección electrónica:

CorreoA296.gif (4196 bytes)pequeno@arrakis.es

¡Emblema da PÁXINA WEB DE LOURO!

A Eiroa electrónica representa un primeiro paso para lanzar a páxina Web de Louro. Queremos que a Eiroa sexa o noso punto de encon-
tro para irlle dando forma entre todos á PÁXINA WEB DE LOURO.
TENDE PACIENCIA E NON DESESPEREDES; QUE ESTAMOS TRABALLANDO NESTE PROXECTO QUE DE SEGURO VOS GUSTARÁ. POLO DE AGORA ÍDELLE BOTANDO UN VISTAZO Á EIROA.

ÍNDICE DA EIROA
A Eiro@ electrónica
A Eiroa electrónic@ n° 1-- ¿Cantas máis faremos?...

LOURO E A LITERATURA Colaboracións de diferentes personaxes representativos da nosa literatura para a Eiroa. ¡E máis cousas!
OS MIUDOS Un grupo de rock nacido en Louro que pouco a pouco se está dando a coñecer: compoñentes, historia, letras,...
PÁXINA WEB DE LOURO Como é e por que facemos esta páxina Web sobre Louro.
SENDEREISMO Tres itinerarios para facer por Louro. ¡Imprescindibles! 
A SOCIEDADE CULTURAL MONTE LOURO E A EIROA. Un breve repaso á historia da S.C.M.Louro e a súa revista: facemos unha escolma dos artigos de máis interese publicados ata o de agora.
COLABORACIÓNS Colaboracións que vós aportades á Eiroa. ¡Moitas gracias a todos!!:

-- "Versión pesimista dunha petición de man (anos vinte)": Manuel Silva Fernández.

--
"A crise económica de 1929 e o aumento poboacional en Louro" Manuel Silva F. (Caracas 9-10-1996)

--
"¿Onde é que fica Monte Louro? e "Poema a Monte Louro"Marilar Aleixandre.

--
"Unha ollada para o debate: O SISTEMA IMPOSITIVO MUNICIPAL". Ramón Bouzas Tobío.

--
"Petroleo" somos todos. Suso de Toro
--
"Así foi doutor". Suso de Toro. (Publicado na Eiroa 10- setembro do 93).

-- Ao Monte Louro. Andrade

¿INTERÉSACHE?

--Corrector ortográfico en galego.
--Navegador galego a partir do código fonte do "Netscape Navigator" o seu nome é  XIS

FORO DE OPINIÓNS
&
PREGUNTAS

(Este apartado será constante en tódalas Eiroas Electrónic@s)

Recollemos tódalas críticas,
comentarios, etc... que nos mandedes. (¡Cando nos escribades poñerémolos!) ¿Tes algunha pregunta referente ó traballo que facemos?... Se podemos tamén cha contestamos.

novas2.gif (3648 bytes)

info01.gif (990 bytes)

¿E cando se fará outra Eiroa electrónica?... Pois simplemente estamos esperando os vosos traballos e ideas; e cando xuntemos o material necesario e teñamos un bo proxecto para o número 2 de A Eiroa electrónica... ¡ZAS! aí a tendes...

               Portada Eiroa