TOPONIMIA I
(Baixarás
Toponimia I, II e III)
O verbo lourar ou lourear (dourarse as espigas ou coller o color das castañas)
O substantivo loureza (que é a calidade do que é louro ou de cor amarela)
O adxectivo lourido ( que significa pálido ou marelo; que aparece como apelido)
O adxectivo loureira (que e unha uva clara de cor moi dourada «a uva loureira»)
O adxectivo loural (que é un tipo de cereixa de cor rubia e rosadiña «a cereixa loural»)
Con base no anterior, algunhas explicacións do topónimo Louro fixéronse por referencia a cor amarela ou dourada do terreo ou á unha hipotética abundancia de loureiros no lugar.
Sen embargo louro tamén é un substantivo que significa pedra de penedo (Diccionario de Franco Grande) e como tal proviría dunha base pre-latina ou pre-romana que conlevaría a idea de rocha ou pedra. Segundo esta explicación o noso Louro chamaríase así desde antes da chegada dos romanos á península ibérica por ser un lugar cheo de pedras. Neste caso, quizais o primeiro punto designado con ese nome foi o propio Monte Louro e logo estendeuse o nome á aldea. Esta e a tese que defende Fernando Cabeza («Os nomes de lugar: topónimos de Galicia»).
No propio Monte Louro aparece o topónimo
Pedras Louras (as penas dos montes que están situadas contra a terra firme -o norte-).
O topónimo Louro e os seus derivados aparecen noutros sitios de Galicia: hai un río
Louro, afluente do Miño, na bisbarra da Louriña (O Porriño-Pontevedra) e outro,
afluente do Ulla, nos municipios de Caldas e Valga (Pontevedra). Precisamente en Valga e
onde desemboca o río citado está a parroquia de Santa Comba de Louro. Ademais, co nome
Lourido, existen ata 21 lugares ou aldeas por toda Galicia e un monte na parroquia de
Tállara (Lousame-A Coruña),- tamén hai unha aldea chamada Louriño en Cespón Boiro.
O apelido Louro pode facer referencia a orixe da persoa. Isto é, sinalar a un home ou
unha muller que fose orixinario do lugar de Louro; pero na maioría dos casos o apelido
Louro xurdiu coma un alcume que se refire o cor do pelo dunha persoa (dourado).
Precisamente aínda hoxe é común entre os labregos chamar louro ou loiro o boi que ten o
pelo roibo.
VENTÍN:
O topónimo Ventín parecería ter, a primeira vista, relación coa palabra vento: con ela
e cos seus derivados desígnanse lugares elevados ou desprotexidos onde o aire sopra a
miúdo e con forza. Desa orixe serían Muíño do Vento en Muros, Mesón do Vento (A
Coruña), Ventosela (en Ribadavia-Ourense) e Redondela-Pontevedra, Ventosa (A Golada-
Pontevedra), etc.
Sen embargo, a explicación máis aceptable do noso Ventín é que derive do nome de persoa Ventinus ou Vintinus (latín medieval) e supoñería que a primeira casa que alí houbo foi a de Ventinus (que en latín da época diríase «villa Ventini». Con orixe similar na casa do primeiro dono ou habitante do lugar existen unha manchea de nomes en Galicia, por citar algúns: Mundín en Colúns-Mazaricos (de villa Mundini), en Melide (villa Melliti), Beade (villa Beati), Fruime (villa Fronimi), Verín (villa Verini),etc.
Ademais do Ventín da parroquia de Louro, existe outro en
Abelleira que tamén da nome a unha praia (Praia de Ventín) e unha aldea en Fornelos de
Montes (Pontevedra).
ANCORADOIRO:
O topónimo O Ancoradoiro é totalmente transparente na súa orixe e non ofrece dúbidas:
un ancoradoiro e un sitio da costa axeitado para fondear e botar a áncora dos barcos.
Daí que o noso lugar se lle chame tamén o Porto do Ancoradoiro ou O Porto. Deriva da
palabra galega áncora (do latín «ancora») que significa instrumento que se bota o
fondo do mar e serve par inmovilizar a embarcación. A palabra castelá ancla ten a mesma
orixe latina.
Xaquín E. Monteagudo.