TOPONIMIA DOS
LUGARES DE LOURO III
(Baixarás
Toponimia I, II e III)
Xa que logo, o significado de Portocarral quédanos perfectamente transparente.
Existen outros moitos topónimos en Galicia coa mesma orixe: as vilas de Carral (A Coruña) e Carril (Pontevedra), Carreira (Ribeira), etc. Convén sembrar que a palabra carril tamén significa a abertura ou portela de paso feita no valado dunha leira para deixar pasar ós carros polo que o topónimo Carril co que se designa moitas leiras ou agras fará referencia a esoutra significación.
En relación con todo iso está Punta Carreiro que é o nome dun dos cabos ou saíntes de Monte Louro. O topónimo Carreiro aparece con frecuencia en Galicia para designar cabos, baixos e illas : con toda probabilidade está utilizado aquí na súa acepción de paso ou camiño estreito por onde teñen que navegar os barcos, neste caso, entre a punta de Monte Louro e os baixos da Pedra do Con.
Sahorta e Savila.
Existen moitos nomes de lugares ou topónimos no noso país
que fan referencia á orografía ou relevo do sitio que denominan: un dos clásicos dese
apartado é o grupo de palabras que empezan por Sa-, Soa- ou So- : eses prefixos teñen
unha orixe común na preposición latina sub que significa "debaixo de" ou
"ó pé de" : así atopamos Savila, Sahorta en Louro, Sorribos
en Abelleira; Sucasas, Sopena, Socarreira, etc. O topónimo Sahorta designa ós terreos
situados por debaixo ou o pé da horta do convento de San Francisco que é a horta da
parroquia por excelencia.
Chámase Savila ós terreos ou paraxe que están por debaixo ou o pé do que é o núcleo tradicional de Louro. Téñase en conta a este respecto que hoxe en día a palabra vila (do latín villa) significa especialmente un núcleo de poboación de tamaño mediano (entre a cidade e a aldea) : neste senso Muros é a vila no contexto da frase "Vou á vila". Pero esa palabra significa tamén casa de campo, acepción que era a orixinaria da palabra latina villa tanto na época romana coma na medieval.
Daí proceden unha manchea de topónimos de Galicia: Vilar (en Abelleira, Carnota, Mazaricos), Vilariño (Mazaricos), Vilaboa, Vilouta, Vilagarcía, etc.
Seixo, Sisidre,e Laxes.
A palabra seixo (coa variante de xeixo) significa no galego actual
unha pedra xeralmente lisa, dura e de pequeno tamaño (croio) ou noutra acepción máis
específica designa o cuarzo (por exemplo en "As minas de seixo"). Provén do
latín saxum (rocha ou penedo).
O topónimo Seixo designa en Louro a paraxe situada
aproximadamente entre a estrada xeral e o Centro Social (onde está o bar "O
Seixo") e utilizase sempre para denominar sitios cheos de pedras ou pedrosos. Da
mesma familia e con idéntica orixe e significado son Seixal, Seixas,Seixón, Seixido,
etc.
Da mesma orixe parece tamén o topónimo Sisidre (Praia de Sisidre) que é o nome
máis tradicional e antigo da Praia do Espadanal. Aparece coas variantes Seisidre ou
Seixidre que son máis claras en canto o seu parentesco con seixo: quizáis aquel nome
teña a súa razón nas masas de pedra ou laxes que existen ós dous lados do areal.
0 topónimo aparece no Monte do Seixo ou Minas do Seixo e Seixos Brancos.
A Lavandeira ou Labandeira.A palabra marco ten a súa orixe no xermano markan ou marca "sinal para limitar algunha cousa": delimitaba os terreos particulares. Hoxe é a pedra chantada na terra que divide dúas propiedades. Tradicionalmente cada leira tiña catro marcos e cada un deles levaba para aseguralos dous "testigos" ou pedras máis pequenas que ían a carón de cada marco.
Xoaquín Monteagudo.