LIMIAR
Manuel
Silva amósanos unha visión da crise do 29 e como esta influiu en Louro e nas súas
xentes, que se viron abocadas a emigrar ó estranxeiro. O texto está escrito cunha
linguaxe realista que nos dá unha idea do que significou realmente a emigración
para a xente de Louro.
Nota: O texto orixinal está escrito en castelan,
polo que tivemos que traducilo ó galego.
A CRISE ECONÓMICA DE 1929 E O AUMENTO POBOACIONAL EN LOURO
Finalizada en1919 a Primeira Guerra Mundial, o
mercado do traballo en toda América ábrese prometedor para o emigrante. A Europa
destruída e arruinada necesitaba de urxencia axuda para a súa recuperación e
normalización. En tal sentido, os Estados unidos van a monopoliza-lo abastecemento de
maquinaria, material industrial e productos elaborados; Cuba incrementará a exportación
de azucre e outros renglóns agrícolas e, Arxentina, endargarase dos grans, as carnes e a
lá. Con destino cara a estes tres países irán saíndo de Louro un umeroso grupo
de traballadores, quenes, pola súa escasa formación profesional, son, irremisiblemente,
captados para labores primarias ou de peonaxe. Na América do Norte traballarán abrindo
zanxas para cloacas e redes telefónicas ou na carga e descarga de buques. En Cuba serán
macheteiros nos cañaverais, carboneiros nas ciénagas, pescadores en Sagua la Grande ou
vendedores de frores polas rúas da Habana. En Buenos Aires van a exercer como estibadores
nos peiraos, mesoneiros nos bares e restaurantes, conserxes, porteiros, mozos de limpeza e
mucamos en casas ricas.
Esta emigración. numerosísima para un pobo tan pequeno coma o noso, consegue, en
maior ou menor medida, perdurar e, ó mesmo tempo, co aporte do "xiro", fixo ou
ocasional, mante-la familia. case toda ela puido construir vivenda propia e en certos
casos adquiriu bens e terras. Foi, pois, esta, unha emigración eficiente e
extraordinariamente positiva para Louro, independentemente dos traumas e dos sufrimentos
causados por ausencias demasiado prolongadas e, a veces, definitivas. Sen embargo, o auxe
e o benestar dos anos vinte sufriría unha inesperada e doorosa caíada en 1929. De
tódalas crises económicas, cíclicas ou non, que se produciron no último século, na de
1929 a que maior repercusión tivo en todo o mundo e a que produxo efectos máis
devastadores e durareiros: "o crac" financeiro conmove á bolsa de Nova Iork; os
valores caen; québranse bancos e empresas ligadas a crédito. Intercionalízase a crise;
suspéndense pagos; cae o prezo de materias primas própias de países probes e
dependentes; multiplícanse os parados e o fenómeno adquire características de
verdadeira catástrofe, chegando a poñer en tela de xuizo a estructura mesma da
economía capitalista mundial.
En casos coma este, o problema afecta á poboación en xeral, aínda que non da
emsma forma nin coa mesma intensidade. Hai marcadas diferencias entre uns e outros grupos
sociais: mentras o poderoso e o acomodado poden capea-lo temporal sen que o seu estado,
como consumidores, se vexa maiormente afectado, os traballadores quedan irremisiblemente
condeados ó desemprego e á fame.
O despido constitúe o paso obrigado de calquera empresa en crise. Primeiro
prescíndese do persoal non considerado estrictamente necesario e, como último recurso,
procédese ó peche, para salva-lo que se poida en beneficio do propietario. Se a uns
poucos, o feito, lles pode disminuí-lo patrimonio, ós máis, golpeaos de cheo na vida
mesma. Non son, pois, as crises económicas cousas de banqueiros e empresarios soamente,
¡nin muito menos!.
As capas máis débiles da poboación, sobretodo nos EE.UU, estaban representadas
polos emigrantes, quenes, polo seu traballo ás veces clandestino, a escasa
profesionalización, a rivalidade rencorosa de minorías nativas competindo polo mesmo
emprego e o desprecio da dirixencia sindicalera que pouco ou nada podía conseguir deles,
facía deste grupo o máis vulnerable e indefenso. Tódolos loureanos que por aquel entón
residían en América formaban parte desta capa e ningún deles tivo a posibilidade de
enfronta-lo fenómeno con posibilidades de éxito.
E comenzou o regreso: uns presentáronse nas oficinas de Emigración para seren
deportados; outros acudiron ós consulados para seren repatriados a expensas do Estado
Español e, o resto, volveu por conta propia esperanto, con elo, obviar inconvintes nunha
futura volta ... cando as cousas melloraran.
Fose cal fose a maneira como se produxo o regreso á terra loureana, a todos estes
homes, a mioría casados, faltoulles tempo para embarazar á esposa. Os solteiros buscaron
rápidamente muller para comportarse exactamente igual cós anteriores. A avalancha ata
dentro dos loureanos regresados, deu como resultado inmediato o aumento substancial da
poboación; entre 1929 e 1935 houbo en Louro un, dous e ata tres nacementos por cada
matrimonio onde o esposo era un "americano", (déronse excepcións). Non asombra
esta multiplicación de preñeces si se considera a pobreza xeneralizada daquel tempo e as
dificultades para gañarse a vida pois, é case un axioma o feito de que son os pobos
máis pobres os máis prolíficos.
A xeneración nacida entre as dúas datas anteditas foi, polo tanto, a máis
numerosa que xamais se dou en Louro e esta afirmación pode comprobarse fácilmente
revisando o Libro (ou libros) de Bautismo na Casa Parroquial e tamén os arquivos do
Rexistro Civil en Muros.