-I-
"¿Pódese entrar, señora
Manoela?."
"Entra meu home, pasa Manoel
e tranca a carabilla da cansela
que che pode morder o Carabel
que esta nuite anda seibado pola horta.
!Acaba dunha vez!, !cerra esa porta!.
Desde que mo trouxo o meu finado Antonio,
ese can é o mismísimo demonio;
o outro día vindo de racú
Manoeliño o fillo da Pintada
dóulle tamañísima chantada
que lle quedou na boca medio cú.
Séntate Manoel, colle esa silla
e déixame chamar a miña filla
que quero que ela tamén che escuite
o que ves a falarnos esta nuite.
!Baixa María!, ¿porque tanto reposo?,
¿que demos estás facendo no sobrado?.
Pasa muller, ponte o meu lado
e veremos que quere decirnos este moso". |
-II-
"!Boas nuites!, ¿xa sabedes a que
veño?"
"MIra Manoel, anque eu non teño
conocimento claro deste asunto
que tanto me molesta e reconcome
sei mui ben a que vés, séino meu home.
Seino tan ben sabido, hasta tal punto,
que saber o que sei eu non quixera,
pois sería millor que no soubera;
vouche contar rapás que pasa aquí:
Collendo patacas novas na Xunqueira,
acercouse hasta min a Fogueteira,
facendo como que pasaba por alí.
A sonrisa que puxo, a cara que tiña,
xa non me dou a min mui boa espiña.
Non me gustóu a cousa, segun dín,
a Fogueteira eche medio vagabunda,
hai na sua vez un certo rintintín
e fálache sempre de segunda.
Pero volvamos o asunto, meu amigo,
que co xenio que me dá, non sei que digo. |
Estes dous que vedes
aquí tan acurrucadiños son Manoel e María. |
A Fogueteira ten
moita leria, e a Manoela estalle turrando dos nervios o que está a escoitar. |
-III-
"Dispois de falar sin ton nin son
a vella Fogueteira na cuneta,
cambioume logo de conversación
e empezóu a disparar con escopeta:"
"-Mira Manoela, sempre hai quen diga
que a tua filla crécelle a barriga.
e coméntase tamén que esa gordura
non lle ven de xantar boa empanada,
nin de comer caldiño con verdura,
con faseira de porco e con tallada.
!Esa eche unha hinchazón sofisticada!.
Has de ter, pois, os ollos ben abertos
porque segun opinan os expertos,
pódeche estar a filla embarazada..."
"Eu quedeime no terreo paralizada
e. no intre, non entendín moi ben o caso,
por eso se me fui a condenada
sin que levara no lombo un terroaso;
que cando se me pon o nervio atravesado
son capaz de matar o mais pintado". |
-IV-
"Cando puden resollar e volver en
mín,
sentín un dolor extraordinario;
non hai palabras nin vocabulario
que podan expresar o que sentín.
Toda nai ten que ser mui desgraciada
e sentir esa pena que se sinte
cando se descubre, en pleno siglo vinte,
que a filla que se paríu anda preñada.
Doume non sei que, doume un desmaio,
sentinme tremendamente mareada
e estuven si me caio ou non me caio
na mitade do rejo espaturrada...
E volvín a casa, !Dios!, coma un farrapo,
e cando lle vin a filla o delantal,
comprendín que debaixo daquel trapo
ajochábase un pecado capital.
Ela viume nos ollos certo brillo
dun mirar asesino, tan desperto,
que se metiu correndo no cuberto
e pechouse por dentro co pestillo". |
Manoel escuita sen
chistar o que lle está dicindo a señora Manoela. |
-V-
"Fui mellor así porque, si a collo
póñolle un ollo jolio, sácolle un ollo.
E aínda podería ser que a matara
e que alí mismo perdera a sua vida
para que dispóis a Xusticia me levara
!Fui millor así, gracias a Diós!,
temos sempre as nais que perdonar,
e agora Manoel, aquí entre nós,
vexamos como se pode remediar
esta mancha na honra, este baldón
que caiu como borra nesta casa
e non se limpa con sosa nin potasa,
nin se laba con brús nin con xabrón.
Quedaranos a honra ben lavada,
con olor a colonia e recachada,
cando no altar vos dea a bendición
en presencia de Louro en xeneral,
Don Santiago Lamas Caldeirada,
párroco da nosa iglesia parroquial". |
-VI-
"Pero deixame gritar, abrilo testo
deste rencor que me quedou no peito,
porque non hai razón nin hai dereito
que a unha nai como eu lle pase esto.
Quero gritarvos nas caras relamidas,
quero jomitar as feles do meu bucho,
quero seibar as rabias comprimidas,
quero desembuchar, e desembucho.
!Ay meu home bo que en paz descanse!,
se te puderas levantar da cova fría
e me viras a mín en este trance;
si lle palparas as cadeiras a María,
teño a seguridá que en este lance
volverías a morrer de "hemiplejía".
Ti, que nin a man, de solteira, me tocastes,
nin un pelo da roupa, nin unha mota,
e fui tanto e tanto o que me respetastes
que chegéi a pensar que eras idiota.
E agora, Antoniño, !meu ausente!,
vivimos nun fogar concupiscente. |
¡¡Hai que casarse...!! |
A señora Manoela
lémbrase do finado do seu home. |
-VII-
"¿Porque nos fixestes esto
Manoel?.
Ti, home sin terreos e sin arado
porqué fregoteastes, !condenado!,
as tuas parcas mans nun carabel.
Que esta filla é bonita onde as hai,
(e en eso sale a min, e non o pai).
O médico de Muros, Don Servando,
cando na rúa topaba con María,
quedábaselle mirando e remirando
como si estuvera repasando
unha dificil lección de anatomía.
E no adro oín como lle decía
o maestro da escola o señor cura
que a miña rapaza se lle parecía,
por tanta prestancia e tanta hermosura
a non sei que diosa da Mitoloxía.
¿Comprendes pois porque non deixo
de gritar coma nai sin seu cachorro?.
¿Comprendes pois porque me queixo?,
¿comprendes pois porque morro?" |
-VIII-
"E ti, !filla do demo!,
!pervertida!,
que te facías a monxiña no meu lado
e cando topabas con este desgraciado
quedabas coma cera derretida.
Eu xa tiña que estar desconfiando,
porque un día na porta da Forona
vin como ti quedábalo mirando
coa mirada triste da vaca cajona.
Si se che agua a mirada estás perdida,
xa esa enfermedá non ten remedio,
xa non hai medicina nin cauterio
que se poda aplicar nesa ferida.
A culpa foi miña que non souben
explicarche que os homes, miña filla,
si che rouban un bico na mexilla,
non queda cousa de ti que non che rouben.
En fin, !todo sea por Diós!, o feito peito,
pero cando veñas da Iglesia co rapás
agarradiños da man polos Currás,
ánsenos de poñer as cousas o dereito". |
-IX-
"Dispóis de que se faga casamento
e que quededes ben casamentados,
buscarás, Manoel, o teu sustento
nos lugares de traballo acostumados.
Podes ir a Serres en busca de Fanado
que che dea o pasaxe en pautorreuto
(ese é o prestamista co defeuto
de que lle falta a orella deste lado).
Con ese diñeiriño demprestado,
mandas facer unha maleta de madeira
e nun bó camarote de terceira
vaste para a Arxentina de contado.
fai uns quince anos o meu curmán
tamén lle prestaron os cartos do viaxe
e desde un lugar que chaman Tucumán
xa fixo cancelación do seu pasaxe.
Nos quedaremos aquí para cuidar
o que podas ganar e nos mandares
e cando veñas morrer o teu lugar
irémosche esperar a Sistamares". |
Manoel fai as maletas para marchar
da súa terra.
Aí vai Manoel el só
para Arxentina.
|
TRINTA ANOS DISPOIS
-X-
Tres décadas pasaron pola historia,
tres décadas pasaron riba dela,
e morríu a señora Manoela
dunha complicación circulatoria.
(Oxe estará gozando de la gloria
sentada a la diestra de Diós Padre).
Todos temos que morrer cando nos cadre
quedarnos para sempre difuntiños.
Unha nuite de inverno, en Cuchariños,
nacíu maliño o fillo de maría.
colliuno un aire, entroulle cajarría
e fuise para el limbo de los niños.
de grandes sucesos falan os Diarios,
dos acontecementos en terras exóticas,
de artistas de cine ricas e neuróticas
e dos fogueteos interplanetarios.
Pero vida e morte sempre estan presente
nesta terra nosa non publicitada,
dolores e goces na vida calada
da xente da aldea, !que tamén é xente! |
-XI-
Púxose María, vella e agostada
como un paxariño que non come,
en trinta anos que leva de casada
solo durmiu dous meses co seu home.
Dous meses solo, vividos plenamente
e trinta largos anos recordando;
trinta anos pensando e repensando
en aqueles dous meses solamente.
Entre tomar o soliño a mediodía
e pola nuite poñer toxos o lume,
mirando como a leña se consume,
vaise consumindo a vida de María.
E quédalle manoel na lexanía
borrosa do tempo e do espacio,
desaparece o recordo mui despacio
tapado por calendarios de agonía.
Ela xa non sabe si existíu,
si foron realidá ou fantasía
os dias de gloria que viviu
xunto a aquel home seu, que a quería. |
María: trinta anos de
casada, sola e con Manoel na lexanía. |
Manoel: trinta
anos en Arxentina, na casa dun señor e co espiñazo curbado. |
-XII-
Trinta reposicións do almanaque
fixaron, na Arxentina, un badulaque.
No palacio dun señor encopetado,
en un permanente corre que te corre,
da cociña o xardín, do "jol" a torre,
andaba Manoel escoñetado.
Fúiselle quedando o espiñaso
curvado como lombo de conexo,
rinchábanlle os cadrís a cada paso
de tanto acarrexar xerros de mexo.
cando entrou a servir iña estirado
e púxose, co tempo, encorcollado.
O acentuarse no lombo a curvatura,
fóiselle cambiando a perspectiva
e foi emborroándose a figura
dunha María distante e fuxitiva.
Por camiños de dolor non achóu meta,
conoce onde nacíu, sabe da sua edade
porque leva un carné de identidade
metido no bolsillo da chaqueta. |
Índice
Eiroa
|