TRABALLAMOS EN TODO MOMENTO CO ANTIVIRUS  ACTIVADO  (sempre coa última versión actualizada) E PASÁMOLLO A TÓDOLOS ARTIGOS POLO QUE CONSIDERAMOS QUE ESTAMOS PROTEXIDOS ANTE CALQUER VIRUS. Cremos que te podes fiar, pero ¡xa sabes como son eses puñeteros!!

Word.jpg (1063 bytes)


Ramón Bouzas Tobío.

Unha ollada para o debate

0 SISTEMA IMPOSITIVO MUNICIPAL.

Hai temas, como este, que por prexuizos están vetados ao debate popular canso en realidade é indispensábel o seu coñecimento para poder facer unha valoración crítica daquelas cuestións sociais que son obxeto de abordaxe desde calquer caste de modelo de organización social. 0 presente trabarlo ten unicamente a intención de verter luz sobre a fivcalidade municipal, realizando unha análise crítica no marco dos criterios convencionais nos que se sustentan as teorias fiscais vixentes no mundo occidental Trata~se polo tanto dunha análise con pretensión divulgativa sobre a parte do sistema tributario que afecta no plano municipal para reforzar un único xuizo de valor; é negativa para a sociedade galega a mentalidade de subsidio creada no noso país pola dereita, nun aspecto ético porque se fúndamenta no engaño e no sentido político-económico porque poténcia a submisión das e dos cidadáns ás instancias políticas e non deixa ver a necesidade de abrir un debate o máis ámplio posíbel de cais deben ser as prioridades políticas democráticamente definidas e posteriormente de obrigada asunción por parte da administración pública.

Introdución.
A-facerda municipal no estado español quedou estabelecida a través da- te¡ 39/1988, Reguladora das Facendas Locais, en sintonia cos preceptos constitucionais ao respecto. En lifíás xerais, o cadro impositivo local está conformado por cinco figuras impositivas:

* Imposto sobre bens imnóbeis.
* Imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana.
* Imposto sobre á construción, instalacións e obras.
* Imposto sobre actividades económicas.
* Imposto sobre veículos de tración mecánica.

Os cais serven de instrumentos para a recaudación dos tributos próprios, de xeito tal que facilitan que sexa a administración municipal, en contraposición a comunidades autónomas e diputacións provinciais, a instancia político-admínistrativa que goza dun maior grao de autonomia fiscal, entendida como maior descentralización e responsabilidade.
Ademais, é neste nivel onde os tributos próprios e as transferencias manteiften unha composición razoabelmente equilibrada, evitando a acusada asimetría nos gastos e ingresos nas restantes facendas territoriais.

Eficiéncia e xustiza social; un binómio necesario.
A caréncia de autonomia fiscal provoca a aparición de comportamentos e feitos económicos negativos como son a creación de llusións financieiras sobre a gratuidade dos servizos públicos, xeración de relacións políticas confusas, a creación de culturas de subsidio, ou en definitiva a non aparición de pautas de comportamento racionáis en aras da instauración dun sistema eficiente no sentido económico, ou sexa pregada as seguintes esixéncias:

a) Axuste entre necesidades sociais e provisións públicas.
b) Identidade entre beneficiarios e financiadores dos servizos públicos.
c) Seleción de instrumentos e custos da sua aplicación.
d) Capacidade de xestión tributarla e minimización de custos administrativos e de cumprimento.
e) Análise técnica de alternativas na produción-xestión de servizos.

Vislumbra-se, desta maneira, unha problemática xeral a todos os estados de Europa Occidental, que nos aboca se temos en consideración a necesidade de superar o grave défice democrático que supón o non recoñecimento dos povos e nacións sen estado de toda Europa a unha situación que demanda reformas institucionais de tipo estructural, e unha muda sustancial nas ideas e comportamentos sociais.
Cinguindo a nosa análise a Galiza e segregando as areas urbanas para reducir a análise aos concellos rurais, o que consideramos fruitífero tendo en conta a extraordinaria importancia que tefíen no caso galego, ao englobar a gran parte da poboación total como causa da distribución demográfica dispersa.Polo tanto abordaremos o tema do sistema tributario nas zonas non urbanas de Galiza tendo en conta tamén os dous eixos vertebradores do entramado socio-cultural do noso país, a parroquia e a comarca, asumindo como premisa de fondo a necesidade de adecuación da estrutura do sistema impositivo ás estruturas sociais sobre as que operan como forma de evitar efeitos perniciosos.

A parroquia: criterio de contranestación.
A parroquia entendemo-la como ente poboacional realmente existente nunha conceición soclolóxica das nosas institucións colectivas historicamente definidas, esto é como peza básica de feito das relacións interterritoriais sociais e políticas.Este é o caracter outorgado polas teorizacións de estudosos da talla de Ramón Otero Pedraio e Castelao o que explica que o recoñecimento xurídico e administrativo da parroquia estexa recollído no articulado do Estatuto de Autonomia de Galiza, ainda que por falta de vontade política dos sucesivos gobemos autonómicos, sempre sustentados até o de agora por partidos de obediencia estatal, non están debidamente desenvolvidos.
No tocante as previsíbeis repercusións que teria o desenvolvimento do recoñecimento legal da parroquia no ámbito concreto das facendas territorials, albiscase un carreiro que facilitaria a adecuación do sistema fiscal á realidade social na que se inxire e a que pretende dotar de instrumentos para a sua organización económica.
Este recoñecimento leva-nos da man a un contexto político no que prevaleza a eficiencia, no sentido antes sinalado, e a unha mais congruente aplicación do critério de contrapestación, ou sexa do principio de beneficio, en virtude do cal o contribuinte pagará en función do que recebe en servizos públicos. Pols, nunha parroquia debido a sua dimensión e a relativa facilidade de formación de opinións comúns sobre cais son as necesidades sociais, resultará mais fácil detectar as preferencias dos seus residentes.
Queda prantexada a solución ás duas primeiras esixéncias as que temos vinculada a eficiencia económica; a facenda local coheceria mellor as necesidades socials, e tamén combatiría a dicotomia na percepción do contribuinte entre beneficiarios e financiadores. Velaí as avantaxes dun sistema multiunitário descentralizado de gobemo.

A comarca: comunidade físcal óptima.
Non obstante, considerando unicamente a parroquia, estamos faltando ao principio de eficiencia non sentido de non respetar as tres últimas esixéncias que temos tomado en conta, polo que o funcionamento da administración tributario ten'a satisfeito o problema do custo de cumpnmento pero dispararia-se o custo de administración.
Para superar estas deficéncias, a saída máis consecuente na nosa nación seria asignar-lle categoría de comunidade fiscal óptima á comarca, tentando condicionar o proceso de comarcalización na direción de conquerir maior riqueza conceítual, que inclua preocupacións fiscais, perfilando así o diseño dun ente xurídico-político que leve incorporada a adecuación a un diseño de tama?ío óptimo de xurisdíción tributario.

Conclusión.
É preciso que o povo galego dispofía dun sistema tribután'o propno que contemple a idiosincrasia do país, as características específicas que converten a extrapolación de modelos ideados para outras sociedades nun perxuizo para o desenvolvimento económico incluso daqueles seitores nos que disponemos de avantaxes comparativas na división internacional do trabarlo.
Tamén e interesante destacar que a asignación de fondos públicos que nutre os orzamentos dos organismos oficiais saen do peto das traballadoras e traballadores fundamentalmente e en ningún caso dos caciques adscritos ao partido gobernante, polo que en matéria tributario na Galiza está plenamente vixente a vella reivindicación de que o do povo para o povo, porque non imos as galegas e galegos estar permanentemente enganados e sometidos ao que Castelao denominou" tiranía da le¡ única ", fácilmente superábel cando Galiza teña peso político específico no concerto estatal e mundial, cando o povo galego outorgue a súa confianza a forzas políticas que se deban unicamente á defensa dos intereses económicos e sociais da sociedade galega.

 

Índice Eiroa