¿Sabes a quen tes que dirixirte
para algunha queixa, suxerencia, opinión, .-.. ou calquer outra cousa que queiras dicir?
¡Pois ben... isto é o que hai...!
O
tema da economía da
Sociedade Cultural Monte Louro lévao Alfonso Formoso (Alfonso do Sahorta), que
para algo é o tesoureiro. Calquer pregunta, suxerencia, ou mesmo ¡agradecementos!
que teña que ver coas actividades financierias desta Sociedade; e tamén o asunto da
publicidade no apartado de "Servicios" da páxina; podedes facela dirixíndovos
á dirección: sahortalouro@oem.es
Para o tema da Unión Deportiva
Monte Louro, poñerse en contacto con David, que é o que
se encarga deste apartado. carroucho@oem.es
No referente a
"A EIROA" (Revista da Sociedade Cultural Monte
Louro); calquer cousa que teña que ver con esta publicación (queixas,
suxerencias, artigos,...) mandádeo á dirección pequeno@arrakis.es, que é
o correo do encargado de poñer a funcionar esa parte da páxina, e dicir, de Juan
Lago (Xoan Manuel da Benita). ¡Mandádenos traballos para a próxima Eiroa!
En todo caso,
calquer outra cousa que queirades comentar sobre a páxina facédella saber ó menda do
"Presi", na dirección muinholouro@jet.es.
El é o "xefe", e como tal ten que apandar. O presidente da S.C.Monte Louro non é outro que Agustín
Lamela (Muxía).
E xa por último mencionar ós nosos "asesores
técnicos". Eles son realmente os únicos capaces de plantarlle cara ó ordenata e
por suposto andan sempre por diante de nós nesto da tecnoloxía de Internet. Son, en fin,
o noso servicio técnico, sempre dispostos a sacarnos de apuros e a poñernos á última.
Eles son José Lago (Jose do Jrelo) jose.lago@wcom.com e Carlos
Lago (Carlos do Jrelo) jclago@hotmail.com.
Polo de agora isto é o que hai; cando teñamos novas incorporacións poñerémolas neste apartado, para que sepas a quen tes que dirixirte en cada caso. ¡¡AH!!, e por suposto tamén podes utiliza-lo correo ordinario:
SOCIEDADE CULTURAL MONTE LOURO
Louro- Muros de San Pedro
15291 A Coruña.
Isto facémolo simplemente para que o noso traballo nos sexa máis fácil. Moitas gracias a todos.