LOURO, PASO A PASO
A Lagoa
(A EIROA 0- Novembro do 89)

Iste é o primeiro capítulo dunha serie de dezanove, que publicará esta revista ó longo das súas saídas.
Preténdese con eles ensinarlle á xente cousas que posiblemente non sabía e que tiña á porta da casa, achegalos a coñece-la flora e a fauna dos diferentes ecosistemas do noso lugar.

Lagoaemontelouro.jpg (9179 bytes)A LAGOA:
Esta paraxe natural, situada ó noroeste de Louro, é unha das máis apreciadas de toda Galicia.
Está formada por un espacio acuático e outro vexetal, este último componse principalmente por canas e xuncos, característicos da paisaxe deste biotopo.
Separada do mar polas dunas ou manlloeiras soamente ten contacto con el no inverno, cando hai treboadas e temporais: entra polo "ingüeiro", zona na que non hai ningunha duna e é a máis fácil ó acceso   
Foto da Lagoa con Monte Louro ó fondo                       das augas oceánicas. Cando a Lagoa está moi chea inunda os herbais da braña, e os donos, con palas, sachos e ás veces con algún tractor, fan unha zanxa para reconducir de novo a auga ó mar. Co tempo vai secando a Lagoa, ós poucos, ata o punto que no mes de Agosto está case seca na súa totalidade.
Iste ano secou máis ca nunca, pois din os vellos que na Lagoa vella, onde estaba situada a antiga aldea de Louro, sempre houbo auga dende o afondamento do pobo, e iste ano secou. Soamente quedou con auga unha ínfima parte, mesmo onde comeza a lagoa vella.
Outro acontecemento importante na Lagoa durante o presente ano, foi a chegada de aproximadamente unha trintena de Garzas Reais (Ardea Cinerea), das que só contábamos cada ano 5 ou 6.
Na Lagoa, aparte de Garzas Reais, existen outras especies acuáticas das que destacamos pola súa abundancia os Alavancos Reais , máis coñecidos polo seu nome castelán de Ánades Reais (Anas Platyrhynchos).

As Fochas (Fulicula Atra) están tamén presentes neste ecosistema lacustre, cunha cantidade de individuos inferios ós Alavancos Reais.
Podemos observar tamén durante todo o ano, o Patro Cullerete (Anas Clypeata), a Cerceta Real (Anas Penélope), o Zampullín Pequeno (Tachybaptus Ruficollis), Porróns Moñudos (Aythya Fulígula)...
A Garza Real non cria en Galicia, pero chega ata ela a pasar o inverno.
Este ano contamos cunha trintena na Lagoa.
En canto ás especies limícolas, que buscan o seu alimento no fango, lama,... provistas de longas patas e longo e afiado peteiro, entre as que destacan os Chorlitos (Charadrius Dubius) e os Correlimos (Calidris Alpina ).
Tamén visitan a Lagoa os Cormoráns, procedentes de lugares situados a máis de mil quilómetros, as Gueivotas Choronas, coa súa cabeza negra e as Gueivotas Comúns ou Argénteas.

David Candamo Sendón
Carlos R. Silvar.

Volver ó Índice de Louro Paso a Paso