LOURO, PASO A PASO
O convento
(A EIROA 2- Maio do 90)

Convento.jpg (14089 bytes)Non se sabe con certeza quen foi o fundador do convento, sendo posible que fose no ano 1280 un tal Don Pedro Álvarez Mariño, e hai quen di tamén que foi unha infanta da que se descoñece o nome.
O certo é que se fixo na Época Medieval, no século XV máis ou menos.
A igrexa ten parte da bóveda oxival, aínda que non se ve nela a elegancia que a este estilo lle corresponde.
O arco do medio está sostido por unhas columnas por Capiteis Bizantinos, algo deteriorados. O Claustro Baixo todo de pedra, é de posterior construcción á do convento, pois nunha inscripción con letras de encaixe, índa se le nun dos lenzos: "este pano de claustro fixoo Bastián de Bacar (IZA) e a súa muller Margarita Pérez, no ano 1646".

No ano 1835, foron expulsados do convento tódolos monxes polo goberno, en virtude das Leis de Exclaustración, quedando quedando na máis completa desolación e abandono.
Incautado polo goberno, ponse en subasta pública o 21 de outubro de 1848, adxudicandoo a Don Manuel Venancio Martínez, que deu polas terras e edificios 25.000 reás, algo máis de 6000 pesetas.
Este volveuno vender a outro quen logo o revendería por 1200 pesetas. Entón no convento, en estado semiruinoso, fóronse facendo reparacións. No 1876 o frade Ambrosio Polo y Gimeno, chegou ó convento, coñecía moi ben os traballos de albañilería, polo que dirixindo ós traballadores de restauración no ano 1877 xa tiña un perfecto arranxo o claustro e as habitacións do piso superios.

Peqcapeladoadro.jpg (8279 bytes)No ano 1878 o pai Coll, baixo a dirección do irmán Ambrosio, comenzou a construir o maxestuoso Vía Crucis.
Rematadas as obras da igrexa e Vía Crucis, estableceuse no convento un Seminario Seráfico, que no ano 1891 se trasladaría a Herbón.
Conta na actualidade con 42.963 metros cadrados recintados, dos que o monte conta con 24.280 e as terras de labor con 18.683.
O bosque do convento é un dos espacios naturais mellor conservados da nosa parroquia. A variación de especies arbóreas é incomparable: carballos, castiñeiros, loureiros, piñeiros, eucaliptos, piñeiros americános, acacias, salgueiros, ameneiros...
O acivro, que é a única especie protexida pola lei, tamén é abundante.


Capela do adro do convento

A fauna é a típica das zonas boscosas: ratiños de campo, liróns caretos e grises, algún coello, a marta, a dinosiña, e como non o astuto raposo, entre os mamíferos.
Das aves citaremos ó gavilán, o lagarteiro, o corvo, o moucho, o paporrubio, os carboeiros e ferreiriños, carrizos, petos reais, torcaces, rulas, merlos ...
Algunhas destas aves son insectívoras e cumplen polo tanto unha importante misión na cadea biolóxica, detendo dalgunha maneira a proliferación excesiva de determinados insectos dañinos.

Queremos agradecer a colaboración prestada polo
Pai Don Manuel Sucasas, que facilitou os datos
que fixeron posible este artigo.

David Candamo.

Volver ó Índice de Louro Paso a Paso