LOURO, PASO A PASO
Montes de Naraio
(A EIROA 4- Febreiro do 91)

 

Extinto de arboreda, a non ser do prolífero eucalipto (Eucaliptus globulus) que avanza dende Vilares cara arriba. En Naraio a única vexetación que existe é o toxo e algunha xesta.

A posibilidade de repoboación é prácticamente nula, porque é moi traballoso, poñerse a plantar árbores alí, porque despois queima e bótase todo a perder, porque ninguén quere ir.

Por unhas cousas e por outras, así está, e así se queda.

Na fauna xa é outro cantar, introduciuse a perdiz común (Alectoris rufa) hai uns anos, e é agora cando se poden ver as primeiras bandadas da patiroja nas ladeiras e chans do monte. A torcaz (Columba palumbus) sobrevoa os cumes e póusase nalgunha pena, igual que os corvos (Corvus corone) que no tempo do millo lánzanse ás leiras de Vilares para peteirar as espigas máis maduras.

Vese algún miñato(Buteo buteo)facendo grandes círculos no aire, ó mesmo tempo que ascende aproveitando as correntes do vento. Tamén o lagarteiro (Falco tinnúnculos), que ó albiscar algunha presa queda inmóvil no vacío. Somentes axita as ás para non moverse o máis mínimo. Entón, de súpeto, fai un picado impresionante para abalanzarse sobre algún rato de campo, (Apodemus silvatycus), un lagarto arnau, ou algún escáncer (Anguis fragilis). Diferentes paxariños, paporrubios, camachuelos, papuxas montés, carrizos, etc. completan a avifauna.

Respecto ós mamíferos, o coello (Orictolagus cuniculus) é dos máis abundantes. O raposo (Vulpes vulpes) pese a que tódolos anos os "escopeteiros' saen a por el, éste prolifera sen que o número de baixas faga disminuir a poboación deste cánido. Denosiñas (Mustela nivales), a xineta (Genetta genetta), musarañas (Sorex minutus), eurizos (Erinaceus europaeus), toupas (Talpa europaea), poboan o macizo.

Pero o animal máis polémico da fauna, non só de Naraio, senón de todo Louro, é o xabarín (Sus escrofa). Este suido baixa ós terreos e fa desfeitas nas colleitas do millo, patacas, etc.

O único porco bravo colleito en Louro foi no Curro dos Colitos (Naraio), un macho que pesaba 65 kg. Este animal estase expandindo e cada vez achéganse máis á poboación, ata o punto de que cruzan pola Fonte de Abaixo ata Cuchariños e van para a zona dos muíños por Filgueira.

David Candamo.

Volver ó Índice de Louro Paso a Paso