LOURO, PASO A PASO
Zona dos Muíños de Longarela
(A EIROA 5- Maio do 91)

Rodamuíño.jpg (3842 bytes)Este é un dos espacios mellor conservados da nosa aldea. Empeza a ser visitado este lugar, convertido agora nunha zona natural de recreo, despois de que por iniciativa dun profesor e algúns rapaces se levaran a cabo as obras de restauración do Muíño do Ladrón. Seguidamente, este mesmo grupo, adecentou os arredores, (sen ningún tipo de axuda económica e con poucos medios) convertindo este sitio nun lugar admirable.

Comezan agora as obras de reconstrucción do Muífío do Campo, levadas a cabo por Domingo Lestón, Constantino Louro, Ramón Xesús e menda. A finalidade deste traballo nos muíños, non é a apropiación deles, senón tan só a súa recontrucción. Se se lles pon unha porta con pechadura, é para que a xente non rompa o que está feito dentro. Nembargante tódolos fins de semana e festivos está aberto ó público.
O que queda no interior dun dos muíños.

Falando da flora, a vegetación é abundante, pois trátase dunha paraxe moi húmida, adecuada para a propagación das distintas especies arbóreas. Entre as máis abundantes está o eucalipto (Eucaliptus globulus), o piñeiro (Pinus sylvestris), o carballo (Quercus robur), o ameneiro (Alnus glutinosa), acacias (Acacia dealbata), loureiros. Tamén hai, aínda que en menos cantidade, pereiros bravos (Pyrus puraster), castiñeiros (Castanea sativa), arces (Acer platanoides) e cedeiras (Prunus avium). Con estes tres últimos estase repoboando a zona. Toxos, xestas, xuncos, silvas, fieitas comúns e riales acaban de compoñe-la vegetación.

Muino.jpg (6572 bytes)Respecto á fauna podemos ver de camiño o raposo (Vulpes vulpes), unha xineta (Genetta genetta), unha marta (Martes martes) ou a dinosiña (Mustela nivalis). Furados nas árbores advírtennos da presencia de "paxaros carpinteiros", pitorreis (Dendrocopos maior) e pitos verdeales (Picus viridis).
As pombas torcaces (Columba palumbo) poñen os ovos nos vellos carballos, sendo o alimento preferido dos corvos (Corvus corone). As pegas marzas (Garrulus glandiarius) alertan a todo o bosque da presencia de intrusos mediante os seus berros.
O xabarín (Sus scrofa) actúa pola noite, na búsqueda de landras, raíces e pequenos seres que compoñen o seu sustento. Tamén no crepúsculo a  curuxa (Tyto alba) e o   Foto dun muíño sen restaurar         moucho (Asio otus) buscan alimento.

Sobrevoa o río un lagarteiro (Falco tinunculus) que se cruza no ar cun miñato (Buteo buteo), na busca dalgún rato de campo (Apodemus sylvaticus), co que mata-la fame.
Carrizos, paporrubios, ferreiriños, carboeiros, rubideiros, leiróns, caretos, ourizos, rás, lagartos, víboras, escánceres e infinidade de seres vivos compoñen a vida desta zona.

David Candamo

Volver ó Índice de Louro Paso a Paso