LOURO, PASO A
PASO
O Neixón
(A EIROA 6- Setembro do 91)
Atópanse
estes illotes nas coordenadas: 4,93 lonxitude oeste e 47,31, latitude norte, é dicir, sen
complicarnos, enfronte do Faro de Louro.
Son unhas rochas a uns 400 metros da costa e sen ningún tipo de construcción artificial. Carece de vida terrestre, pois o hábitat é apropiado para especies que exclusivamente están relacionadas co medio acuático.
Un ser polémico que habita este ecosistema é a mexilla, cría do mexillón (Mytilus edulis), que Pedras do Neixón (ó fondo) vistas dende a costa pola súa abundancia os donos de bateas, contratan persoal para "apañar' este molusco, que logo crecerá nos 'mexilloeiros'.De vez en cando vese a algúns arroases face-las súas pericias, saltando fóra da auga nos arredores desta pedras.
Quedan soamente por menciona ás aves acuáticas que acuden a estas pedras a descansar. Por exemplo: a gaivotas arxenteas (Larus argentatus), choronas (L. ridibundus), ostreiros ou gavitas (Haematopus ostralegus), arao dos cons (Uria aalge), charrán (Sterna hirundo), as píllaras (Charadrius dubius) e os corvos marinos (Phalacrocorax Carbo).
David Candamo.
Volver ó Índice de Louro Paso a Paso