LOURO, PASO A
PASO
San Francisco, Espadanal e A Vouga
(A EIROA 7- Marzo do 92)
Estes
tres espacios costeiros son os máis concurridos nos meses estivais, atraendo ós turistas
dos máis diversos lugares da nosa xeografía e aínda do estranxeiro.
A praia de San Francisco xa lle concederon dous anos a bandeira azul, proba do seu bo estado.
Mais non sempre é así, no inverno o mar devolve a estas praias unha grande colección de lixo, que só o limparán no mes anterior á chegada dos turistas.
Pinar de San Francisco
Fóra desta
época estival apenas se ve xente polas praias. É entón cando os ostreiros (Haemátopus
ostralegus) as percorren dun curruncho a outro na procura de pequenos moluscos cos que
alimentarse. Igual que ós ostreiros podemos ver mazaricos, gaivotas arxénteas e
choronas, biluricos, píllaras e pilriños, entre outras.
Nas cons da Bouga e do Caldeiron atópanse
con frecuencia os corvos mariños ou cormoráns (Phalacrócorax aristotelis), e
sobrevoando a ría (aínda que é máis raro) pódese ver al ún mascato (Sula bassana).
David Candamo.
Praia de San Francisco (ó fondo MonteLouro)