LOURO, PASO A
PASO
Taxes e arredores
(A EIROA 8- Xullo do 92)
Taxes é a típica aldea de
montaña. Nela, a pouca xente que vive, adícase ós traballos agrícolas. Non existe
ningún centro comercial onde poidan merca-los víveres, polo que teñen que viaxar a
Louro ou ben a Muros.
Ten dous accesos, un dende
Muros, pasando por Miraflores, Alivia e Ventín e o outro dende Louro pola estrada da
lgrexa. Esta estrada que nos achega a este poboado ten unha fermosa vista panorámica,
pois discurre pola ladeira do Monte Naraio, podendo contemplar cáseque todo Louro, a
Lagoa, MonteLouro, Monte Meán, a Selva, etc.
Tamén chega ata Taxes unha pista de barro que vai dende Serres pasando por Covadegatos. Ademais, dende Louro podémonos acercar a pé por calquera dos camiños de carro que hai, coma o dos Muíños, o da Lavandeira, o de Cruces.... todos eles de grande beleza paisaxística.
Entre os
mamíferos que compoñen a fauna destacarémolo xabarín, o raposo, o teixón, o coello,
martas, dinosiñas, ratos de campo, toupas, etc.
Das aves rapaces citaremos o azor, miñato, gavián, lagarteiro, torcaces, corvos, pegas marzas e rabilongas, merlos, paporoibos e un sinfín de paxariños que neste tempo están a sacar adiante a unha nova descendencia.
Vista de MonteLouro e a Lagoa baixando dende Taxes.Os piñeiros e os eucaliptos son as árbores de máis abundancia. Nos arredores de Taxes hai carballos, salgueiros, abruñeiras, ameneiros e algún castiñeiro.
David Candamo.
Volver ó Índice de Louro Paso a Paso