ITINERARIO 1
Colexio de Agra de Filgueira (C.P de Louro) -- Laxe das Rodas (Petroglifos)--
Muíños do Longarela.
Empezaremos
a nosa camiñata no colexio público de Louro, collendo no primeiro cruce cara a esquerda
e pasando por unha pequena ponte, por debaixo da cal pasa o río de Cuchariños.
Inmediatamente despois de pasa-la ponte collemos o primeiro cruce que vexamos á esquerda;
é unha costa con bastante pendiente, e aíonda ben non andemos uns 200 metros
atoparémonos coa fonte das Pombas.
Seguindo por ese camiño, cando xa o camiño empeza a ser menos empinado,
temos que estar atentos a un pequeno camiño de terra á nosa dereita, que nos levará ós
petroglifos. Ata fai pouco este cruce estaba sinalizado con un cartel que nos indicaba a
dirección cara á Laxe das Rodas. Recomendámosvos que
lle botedes unha ollada a parte adicada ós petroglifos.

Nas fotos que podes ver, están 3 partes
do percorrido. A primeira é o colexio de Louro (punto de partida deste itinerario).
Tamén podedes ve-la ponte por debaixo da cal pasa o río de Cuchariños e a terceira foto
e a fonte das Pombas, moi preciada no lugar pola calidade da súa auga.
Os
petroglifos están situados sobre unha gran laxe e xunto a eles hai unha placa
conmemorativa. A Laxe das Rodas está formada por 9 figuras: dúas espirais, que
constitúen o grupo principal, e sete motivos circulares concéntricos. A súa datación
cronolóxica é difícil, pero podémolos situar entre o 1800 e 700 A.C. (IDADE DE
BRONCE).
Retomando o
camiño principal, se seguimos subindo pola carretera asfaltada, chegaremos a outra fonte
e pouco despois divisaremos un grupo de casas que reciben o nome de Taxes (PREME AQUÍ). Nesta pequena parroquia de
arredor de 20 casas poderemos ollar construccións como cabaseiras e casas de pedra.
Saíndo de Taxes chegaremos a un cruce e temos dúas alternativas:
A) Coller a pista de terra que vai cara a dereita: Esta pista levaranos ata
Muros e por ela poderemos ver fermosas vista da Ría de Muros. O traxecto ata chegar a
Muros é bastante longo.
B) Coller cara a Louro polo camiño asfaltado da esquerda: Seguindo por este
camiño atoparémonos con outra fonte e pasaremos pola igrexa de Louro. As vistas
panorámicas son moi fermosas en algúns tramos do traxecto.

Nestras tres fotos vemos en primeiro lugar a fonte que hai
antes de chegar a Taxes. Na segunda foto vemos as primeiras casas que se divisan de Taxes.
Na foto da dereita está a fonte que está na baixada dende taxes novamente a Louro.
Unha vez
cheguemos á igrexa é visita obrigada ve-lo cruceiro con motivos frorais que hai na praza
esterior a esta, na que tamén hai outra fonte. E se entramos dentro, no adro da igrexa
tamén hai outro cruceiro.
Neste punto tamén temos dúas alternativas, unha delas e segui-lo camiño ata
Louro, e outra é desviarse cara a esquerda polo camiño que hai ó lado da casa do cura
que está fronte a igrexa. Indo por este camiño atoparémonos con un Muiño (PREME AQUÍ). Neste punto podemos
retornar para colle-lo camiño principal, ou seguir polo camiño de terra que nos levou
ata o muíño, o cal nos levará novamente ó colexio de Louro.

Vemos na foto da dereita un detalle do cruceiro froral que hai xunto a igrexa. No centro a casa do cura, que está ó lado do camiño que nos levará ata o muíño (foto da dereita).