ITINERARIO 2
Colexio de Agra de Filgueira (C.P de Louro) -- Faro de Louro--
Monte Louro.

Planoitinerario 2.jpg (11158 bytes)Colexio.jpg (3607 bytes)Neste itinerario achegámonos á zona de MonteLouro (PREME AQUÍ). Son de interese algúns puntos do percorrido e as vistas que podemos observar dende o faro de Monte Louro e dende o cumio do monte. Igualmente a xeoloxía da zona presenta curiosidades
erosivas como as "pías e "cacholas".

Saímos do Colexio de Louro (foto superior), en dirección á fonte de cuchariños (cara ó pobo) e ó chegar á carretera xeral (C-550,
que para esquerda vai a Muros e para a dereita a Carnota)
collemos cara a Muros e despois no primeiro cruce á dereita
(que xa nos indica que é a carretera do faro). Neste cruce coa
C-550 ( chamado "Portocarral"), podemos atopar un cruceiro
que foi restaurado recentemente.
Seguindo esta carretera, pouco a pouco vemos como nos
achegamos a MonteLouro. A erosión das súas pedras son
curiosas, e destacan as "pías" (cavidades nas pedras que
avanzan ensanchándose e profuindizando na rocha no
sentido da gravidade) e as "cacholas" (cavidadas realizadas
polo vacío dos bloques que se agrandan de abaixo arriba, en
sentido contrario ó da gravidade). É interesante que cos
adentredes no Monte e votedes unha ollada por alí.
Temos na páxina un apartado adicado especialmente a Monte Louro e a lagoa.
 

Cruceiroportocarral.jpg (1862 bytes) Fontecuchariños.jpg (6224 bytes)
Nas fotos podemos ve-lo cruceiro que hai no cruce de Portocarral e a fonte de Cuchariños.

Se retomamos o camiño que nos leva ó faro, iremos andando por zonas que nos ofrecen diferentes
imaxes, dende uns primeiros tramos cheos de pinos a ámbolos lados da estrada ata unha zona, casi
chegando ó faro, que trascurre pola beira do mar, e dende onde podemos ter fermosas vistas da Ría.

Peqrocas.jpg (6315 bytes)Tamén temos a posibilidade, antes de chegar ó faro, de coller cara á praia, por un lugar que lle chaman o Fogareiro. Por este desvío tamén podemos atopar unha fonte século XIX (Temos que baixar polo Fogareiro e logo, en vez de coller para a praia collemos un pequeno camiño cara adereita).
Se retomamos o itinerario orixinal, unha vez que cheguemos ó faro podemos seguir por unha pista de terra que da a volta a Monte Louro e que nos levará pola Lagoa (PREME AQUÍ) e de volta á estrada principal. As vistas son inigualables neste tramo, poderemos ve-las pedras de O Neixón (PREME AQUÍ) .

Peqfaro.jpg (6777 bytes)  Peqlagoadendemtelouro1.jpg (6065 bytes)  
Fotos do faro de Louro e das vistas da Lagoa dende Monte Louro.

                             Índice Eiroa