ITINERARIO 3
Colexio de Agra de Filgueira (C.P de Louro) -- Lagoa de Louro--
Praia de Area Maior.

Planoitinerario3.jpg (8159 bytes)A Lagoa de Louro (PREME AQUÍ) está situada ó  noroeste da parroquia co mesmo nome. Esta zona de gran fermosura está separada do mar por unha zona dunar e recibe auga dos regatos de Longarela  (PREME AQUÍ) e Cuchariños. A importancia da Lagoa vén dada pola súa utilización como zona de descanso de numerosas aves que migran ou empregan esta zona de invernada. A caza nesta zona está completamente prohibida e é é importante non facer ruido para non molesta-las aves que alí están.
Mirade o punto A LAGOA E MONTE LOURO (no índice xeral) para ter moita máis información e datos sobre esta zona. ¡Seguro que vos vai gustar.
No apartado "A Lagoa e Monte Louro" tendes extensa información sobre as aves que alí están e sobre a vexetación da zona, ademais de fermosas fotos da mesma. Pero decímosvos unha cousa ¡Non hai nada máis fermoso que vela de verdade, estar diante dela e observa-los seus sons e a brisa do aire que por alí sopla.

 

Colexio.jpg (3607 bytes)Sairemos do Colexio de Louro e collemos para a fonte de Cuchariños. Seguimos ata chegar ó cruce coa estrada que vai para Muros (cara á esquerda) e Carnota (cara á dereita). Antes de chegar a este cruce pasaremos por unha zona chamada "As cabaceiras", polo gran número de construccions deste tipo que alí se atopan. O lugar é inconfundible.


Lugardascabaseiras.jpg (4610 bytes)Cando cheguemos ó cruce coa C-550, se nos poñemos xunto ó cruceiro que alí hai, teremos que coller o camiño que hai case enfronte. Por el chegaremos á lagoa, deixando Monte Louro á nosa esquerda.
A zona ten unha importante importancia dende o punto de vista biolóxico e xeolóxico. Ademais atopámonos con tres elementos que lle dan unha enorme fermosura: Monte Louro, A Lagoa e as dunas.

 

Peqduna.jpg (2490 bytes)                     PeqLagoadendemtelouro.jpg (4657 bytes)

M                           Índice Eiroa