Louro é unha das pequenas parroquias que conforman o Municipio de Muros, atópase na marxe dereita da Ría de Muros-Noia (na provincia de A Coruña).
A C-550 recorre os 25 quilómetros de Municipio; por esta carretera a distancia a Noia é de 30 Km, e a Santiago é de 62. Pola carretera de Carballo tamén se pode chegar a Muros e pola mesma a distancia ata a Coruña é de 103 Kilómetros.
Polo tanto vemos a situación privilexiada deste pobo, situado nunha das zonas costeiras máis fermosas e dende o cal se pode chegar pola C-550, por un lado a Cee, Fisterra, Muxía,... e por outro a Noia , Santiago ou A Coruña.
A PAISAXE DA ZONA:
Louro atópase situado nunha paisaxe de gran beleza natural. Podemos observar unha serie de formacións montañosas que configuran unha pequena serra de alturas próximas a 500m. Ademais non debemos esquence-las fermosas praias e por suposto MONTE LOURO E LaGOA: espacio natural protexido de gran interes ecolóxico e dunha gran beleza.
Aparte destas características, nomear tamén outros elementos de gran importancia que se poden atopar no pobo. Entre eles podemos citar: os petrogliflos, o convento dos Pais Franciscanos, as casas de pedra, as fontes, os cruceiros de pedra, o faro de Louro, a praia de Area Maior (importante conplexo dunar), a praia de San Francisco e o seu pinar, o complexo de Ancoradoiro,... etc. Moitos destes elementos destacan pola súa antigüedade e interese histórico.
HABITANTES:
Louro non é unha aldea moi grande (1424 habitantes no censo de 1993, 1266 habte no 2003), e históricamente a súa xente adicouse a traballar no mar ou a traballa-la terra.
O forte turismo que esta zona experimenta nos meses de verán tamén fixo que sexan moitos os particulares que viven deste apoxeo mediante o aluguer de pisos e as tendas, bares e restaurantes.
FESTAS:
Entre as festas que se celebran na parroquia de Louro están as festas da "Madanela" (patrona de Louro) que se celebran na última quincena de xullo (nunca antes do 22) e as do "Carmen" (Patrona dos mariñeiros) que se celebra unha semana despois da "Madanela". Sinalar tamén as festas da vila de Muros, que congregan multitude de xente e que son "San Pedro" (29 de xuño) e as do "Carmen" (16 de xullo). Ademais, durante todo ano (e sobretodo no verán) podemos asistir pola zona a diferentes romerías e celebracións,...
A xuventude pode atopar nesta zona un lugar de diversión gracias ós numerosos lugares de "marcha nocturna" que hai en Louro e Muros e que no verán acollen un gran número de mocidade.
louro@louro.org