Sobre a historia de Monte
Louro hai que dicir que ó longo do tempo foron mesturándose
ó redor deste monte historia e lenda, de tal xeito que resulta moi difícil
dilucidar que feitos poden considerarse históricos e cales obedecen á
imaxinación popular. Tal é o caso dos famosos "Profundos",
covas que ó
parecer existen no monte
dunha grande profundidade, pero ninguén sabe na actualidade localizalas.
Outra lenda que ten relación con Monte Louro fala de que no cume de menor
altitude apareceuse María Magdalena. Os antepasados construiron unha
pequena capela alí. Despois construíron outra na aldea, a actual
capela da Magdalena de Louro, a súa patrona. Pero aínda se conta
que no alto do monte permañecen os restos da vella capela. Cerca desta
ermida existían, hai xa moitos anos, unhas hortas chamadas "hortas
da Magdalena", nas que veciños, previamente ofrecidos, cultivaban
patacas que entregaban logo á igrexa.
Hai unha referida á
lagoa. Di que hai moitos anos no lugar existía unha vila e por
algunha razón chegou a fundirse; os seus restos, segundo esta lenda,
quedaron na profundidade da lagoa.
Se sabes
algunha lenda e a queres publicar: muinho@louro.org