Páxina Oficial - www.ancoradoiro.com
Castellano  English  Deutch

CENTRO DE VACACIÓNS ANCORADOIRO

Reservas e información

Telf: 981 87 88 96 Apart. /981 87 88 97 Camping

Fax: 981 87 85 50

Porto do Ancoraroiro / 15250 Louro- Muros (A Coruña)

Aspectos naturais.

O Ancoradoiro está enmarcado dentro dos limites do espacio natural de Louro, Carnota e Monte Pindo. A Súa costa é baixa e pedregosa e atopase na súa totalidade fora da Ría de Muros, polo que está esposta a fortes ventos do Atlántico. Os Saintes mais destacados son a Punta Lens e a punta do Rostro, ó abrigo da que se formou a pequena cala de ANCORAOIRO, donde se pode desembarcar con facilidade.

praiaancoradoiro.jpg (7767 bytes)

        Dende Punta Lens, estendese en dirección á boca da ría a fermosa praia de Area Maior de finísima area branca. Esta praia xunto co impresionante macizo do Monte Louro e especialmente a fermosa lagoa de Louro forman unha das principales xoias ecolóxica da zona.

lagoachea.jpg (8417 bytes)

        Non menos bonita é a praia de Lariño; Situada ó Norte da Punta do Rostro, con 1.700 metros de lonxitude e remata na chamada Punta Insua, señalizada cun faro de torre poligonal.

portaepraia.jpg (6414 bytes)

O bosque está constituido casi exclusivamente por pinos, ainda que tamén se pode atopar algún carballo e algunha acacia de reciente repoboación.

Unha praga de procesionria provocou fai uns anos a tala dunha parte do pinar, nembargantes, a falta de árbores causada polos incendios nos montes dos alrededores fai do bosque de ANCORADOIRO un excelente refuxio para infinidade de pequenas aves e mamiferos como conexos, ardillas, zorros, xabaríns, etc.

Tempo libre.

Son moi variadas as posibilidades de disfrutar do tempo libre que os visitantes atoparán no CENTRO DE VACACIÓNS ANCORADOIRO, en especial os amantes da natureza e os deportes ó aire libre.

:praialarinho.jpg (9705 bytes)

Aquí poderán practicar:

       Sendeirismo: Pola infinidade de camiños e pistas de montaña que percorren a zona, dende os que se poden disfrutar magnificas vistas da Ría de Muros e o Mar aberto.

    Pesca: Ca cana dende a praia ou as pedras. As sabrosas robalizas que en ocasións chegan a pesar 12 Kg. Son un dos retos cos que se pode atopar os pescadores deportivos.

    Submarinismo: Os fermosos fondos que rodean a costa fan de este sitio lugar de reunión de pescadores e fotógrafos submariños.

    Surf: As maravillosas praias de Lariño e Area Maior, abertas ó Atlántico con boas ondas durante a meirand eparte do ano, xuntan moitosamantes do Surf e Body Board

surfista.jpg (11569 bytes)
 
 

WindSurf: Os Ventos do Noreste e Noroeste sopran con forza e fan fácil a práctica deste deporte

      Bicicleta: Esta é unha zona tranquila, de escaso tráfico e moi ben comunicada cos pobos dos arredores polo que resulta atractiva para os que queiran percorrela en bici, tanto por carretera como por pista de monte.

     Rutas a cabalo: Os señores clientes poden disfrutar de relaxantes paseos, alquilando os cabalos nas nosas instalacións.

postasol2.jpg (2573 bytes)

Outras posibles actividades:

Incluen visitar o casco antergo do cercano pobo de Muros, declarado monumento histórico sendo un dos pobos mariñeiros mellor conservados de Galicia.

Tamén se pode visitar o Convento de San Francisco de Louro do século XIII, o hórreo de Carnota que cos seus 22 pares de pes está considerado como o máis grande de Galicia, e por tanto do Mundo.

O visitante pode disfrutar do seu tempo facendo pequenas excursions para ver lugares como o Monte Pindo, a Praia de Carnota, o Castro de Baroña, o Mirador do Tremuzo, Cabo Vilano, Ézaro, Fisterra, Noia ou Santiago de Compostela entre outros.

Instalacións:

 Apartamentos , Cetárea, Cafeterías,Camping, Tenda e Restaurantes

interiorancoradoiro.jpg (19872 bytes)

Este conxunto de instalacións perfectamente integrado no entorno por ser construido arredor de duas antergas fábricas de salazón de 1700, estarán sempre ó seu sevicio, para que se sinta cómodo en plena natureza, ó abrigo de pedras centenarías, lonxe do asfalto e o ruido das cidades.

Pero sen dubida o principal atractivo do CENTRO DE VACACIÓNS ANCORADOIRO é o relax que o visitante esperimenta ó entrar nas nosas coidadas instalacións, donde a única preocupación será toma-lo Sol, disfrutar do seu deporte favorito e dar tranquilos paseos pola beiriña do mar, disfrutando de fermosos atardeceres e inigualables postas de sol.

.