Unha particularidade relativamente pouco coñecida da nosa comarca é a afición local polo deporte do surf e a idoneidade das praias para esta actividade.
![]()
Galicia é considerada por moitos surfeiros como un dos paraísos en España para prácticar este deporte. A gran cantidade de praias repartidas ó largo dunha costa moi estensa, únese ó atractivo da escasa masificación dos “spots” ou zonas de práctica do surf en comparación co que está pasando no resto das rexióne de tradición surfeira como Euskadi, Cantabria ou Canarias. Dentro da xeografía galega, os spots de Louro e os seus arrededores son especialmente apropiados para surfear en solitario debido a lonxanía dos grandes núcleos de poboación.
Pero ademias, podemos atopar nesta zona con variedade de tipos de praia e orientacións os ventos, o que asegura poder disfrutar de algunha boa sesión de surf en prácticamente calquer época do año.
Non é o noso obxetivo facer una relación exhaustiva das praias surfeables de esta zona, sinon simplemente dar unhas breves reseñas das mais habituais.
É a mais emblemática e a mais surfeada das nosas praias. Entre Monte Louro Ancoradoiro estendese esta preciosa praia da que chama a atención o seu sitema de dunas móviles que a separan da Lagoa de Louro. Pola sua orientación , os ventos favorables para surfearla son o NE, N, y NO e incluso, nos seus extremos, pode aguantar componente E ou O. Necesita que faga algo de mar de fondo. É habitual ver os locales de Louro xunto cos veraneantes da zona en Xullo e Agosto, os días soleados con vento NE forte disfrutando coas olas. Á calidade das mesmas depende do estado dos fondos de area que van moldeando os temporales, e polo tanto un pouco aleatorio pero casi se pode garantir que cando a Lagoa rebosa e desagua directamente ó mar (o que aqui se chama romper o ingueiro) , os sedimentos que arrastra deixan os fondos perfectos durante bastantes semanas. Esto acustuma a pasar en outono ou primaveira polo tanto as sesións son disfrutadas sólo polos locales.
Praia de Lariño:
Seguindo a costa cara o NO, entre O Ancoradoiro e o Faro de Lariño, estendese outra fantástica praia con varios picos ben definidos para surfear:
-No seu extremo mais próximo ó Ancoradoiro hay un pico que forma unha potente esquerda ca particularidade de poder funcionar con vento S. O resto da praia funciona sobretodo con NE y E.
-No centro da praia acustuma acumularse unha barra de area que proporciona un pico con boas dereitas e esquerdas.
-Finalmente xunta o faro, e funcionando con NE y NO, encóntrase o pico do faro, mui cerca das rochas. Esta é a ola con mais forza da nosa zona e a que mais tablas leva rotas. a "orillera tubera" que se forma é un regalo para os "bodyboarders".
Praia de Carnota:
A cinco minutos de Louro, estendese a praia mais larga de Galicia, de 8 kms de lonxitude e orientada a poniente. A praia de Carnota é mui solitaria . As suas enormes dimensions fan que orixine multitude de picos de dereitas e esquerdas e que as sesións sexan casi sempre solitarias. Necesita bastante mar de fondo para funcionar ó estar protexida por Fisterra en parte e sobretodo polos islotes Forcados.
Funciona con vento S , SE y E sobretodo ainda que este non é un vento frecuente por esta zona. Moi importante, vai moito mellor coa marea alta.
Outras praias:
Estas son as mais coñecidas praias da nosa zona , pero en realidade, surfeanse moitas outras. Así, cando o vento está de NE e non hai bastante mar en Area Maior, a xente sube hasta a praia de Nemiña, moito mais esposta. Inversamente, cando Area maior está demasiado grande (desfasado), a pequena praia de Estorde, abrigada polo cabo de Fisterra, pode dar moi boas olas. Cando o vento está de S ou non hay vento e non hai bastante mar, a praia do Rostro acostuma a ser unha aposta segura...
Esta lista podería alargarse bastante , pero con esta información calquer aficionado ó surf xa pode facerse unha idea dos momentos inolvidables que os nosos "Tombos" lle poden dar.